Estaba ao pé da porta, collérono e metérono dentro da casa. Arrolárono e achegárono a unha fogueira para quentalo.
Cando se calmou e deixou de chorar, o pequeno desapareceu e as mozas comezaron a escoitar ruídos no tellado.
Alguén comezou a cantar ao son da música:
E chuscurruschú e chuscurruschú.
As mozas do muíño quentáronme o cu.
Era o demo!! Que para estar na caloriña das mozas tomara a forma de neno.