miércoles, 13 de mayo de 2020

   Nunha fría noite, un grupo de mozas estaba tranquilamente no muíño. De súpeto, escoitaron no exterior o choro dun bebé. 
   Estaba ao pé da porta, collérono e metérono dentro da casa. Arrolárono e achegárono a unha fogueira para quentalo. 
   Cando se calmou e deixou de chorar, o pequeno desapareceu e as mozas comezaron a escoitar ruídos no tellado. 
   Alguén comezou a cantar ao son da música: 

E chuscurruschú e chuscurruschú.
As mozas do muíño quentáronme o cu. 

   Era o demo!! Que para estar na caloriña das mozas tomara a forma de neno.